Buscar na web:

Comparte esta páxina en:

Twitter Facebook Google+ Pinterest

27 Abril, 2018 [Radio Escaparate]

Concurso Reflexo de Creación Audiovisual

Información do evento

Fecha: 27 April, 2018
Localización: Radio Escaparate
Dirección: Facultade de CCSS e da Comunicación Pontevedra
Teléfono: 651140726

Co obxectivo de promover o audiovisual feito en galego polo alumnado da Universidade de Vigo o programa de radio da Facultade de CCSS e da Comunicación, Radio Escaparate, convoca o Concurso Reflexo de Creación Audiovisual que premiará pezas audiovisuais en lingua galega.

Premios:

Premio do xurado cun importe de 350 euros.

Premio de 150 euros outorgado mediante votación na rede social Facebook.

Como participar?

As persoas que desexen participar poderán enviar as súas obras ao enderezo electrónico radioescaparate@uvigo.es  mediante unha ligazón de descarga ou transferencia de arquivos como Wetransfer, Google Drive, etc. Ditos traballos estarán almacenados en formato de arquivo .mov, .avi, mpg-4 usando o codec h264.. A duración da peza audiovisual non excederá de 5 minutos, créditos exclusive.

Prazo para a presentación de obras a concurso

Desde o 6 de abril ata o 27 de abril inclusive.

Gala de entrega de premios

A entrega de premios consistirá nunha gala celebrada no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o xoves 3 de maio ás 17.30 horas.

CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO REFLEXO:

Bases Concurso de Creación Audiovisual Reflexo