Buscar na web:

Comparte esta páxina en:

Twitter Facebook Google+ Pinterest

24 Abril 2018

Radio Escaparate 24/04/2018

Especial Salón do Libro

Nesta ocasión a nosa radio foi convidada ao Pazo da Cultura para ser parte dunha das moitas actividades que se desenvolven estes días no Salón. Como cada edición os nosos Chíos e cancelos achégannos toda a actualidade das RRSS, marcadas desta vez polo falecemento a pasada semana do DJ sueco Avicci. Na entrevista Carme Fouces, concelleira de cultura de Pontevedra, falaranos da importancia do Salón do Libro para a cidade e varios alumnos do IES Salvador Moreno que viñeron ver como se fai o Escaparate serán protagonistas dunha das nosas entrevistas. Para rematar Irene Fernández achéganos a opinión dos escaparatistas no Falar da rúa e Iván Iglesias interpreta unha particular versión do tema de Álvaro Soler “Cintura”, chamado a ser un dos éxitos do verán.

Non volo perdades!

Radio Escaparate 24/04/2018

Especial Salón do Libro