Buscar na web:

Comparte esta páxina en:

Twitter Facebook Google+ Pinterest

18 Abril 2018

Radio Escaparate 17/04/2018

Desta vez o Escaparate foi un dos convidados da Semana da Creatividade e da innovación que a Vicerreitoría da Universidade de Vigo organiza na súa sede, a Casa das Campás. No tempo da entrevista estará connosco como representante da vicerreitoría Alberto Dafonte que nos achegará máis detalles sobre esta Semana da Creatividade e da Innovación, e tamén Carmen Rodríguez e María Boubeta representantes da asociación estudiantil europea AEGEE. Na entrevista musical teremos ao profesor de conservatorio Arquímedes Artal que coa súa música será tamén un dos protagonistas desta semana na Casa das Campás.

Alén diso e como en cada Escaparate debullaremos a actualidade das RRSS nos nosos Chíos e cancelos e Iván Iglesias fará unha particular homenaxe a unha célebre “alumna”. Non o perdades!

 

 

Radio Escaparate 17/04/2018

Especial Casa das Campás