Buscar na web:

Comparte esta páxina en:

Twitter Facebook Google+ Pinterest

6 Marzo 2018

Radio Escaparate (06/03/2018)

No Escaparate desta semana estará connosco nada máis e nada menos que co actor e humorista galego Xosé Antonio Touriñán (min. 14:23) que nos falará do seu espectáculo “Somos criminais” e da exitosa serie Fariña na que interpreta a Paquito Charlín. Alén diso coñeceremos que foi Trending topic esta semana da man dos nosos “Chíos e cancelos” e no “Falar da rúa” preguntaremos sobre os límites do humor e a liberdade de expresión. Na recta final do noso programa a nosa compañeira Sara Puente entrevistará á banda SVPER e finalmente no “Eramos Poucos” trataremos o tema do acoso ás mulleres. Non volo perdades!

Radio Escaparate (06/03/2018)

Xosé Antonio Touriñán