Hola a todos os oíntes de El Escaparate. Como ben sabedes hoxe sábado 13 é o día da radio e como non podía ser menos no Escaparate queremos celebralo. Por iso o día 16, e dicir, este martes teremos un especial Día da Radio cargado de novidades.

Contaremos con invitados moi especiais os que poderedes ver en directo, como estades lendo, en directo! Isto será gracias o noso día de portas abertas, onde poderedes coñecer de primeira man como traballan os nosos técnicos e locutores e solventar calquera dúbida que poidades ter acerca do noso traballo, tamén veredes como grabamos o programa.

Doutra banda, os alumnos do Escaparate ofreceremos almorzos durante toda a mañá do día 16, desde as 9:45 ata as 14:00 horas. Que sabemos que a todos nos gústan!

Xa por último, teremos unha caixa de correos de queixas onde poderedes deixar calquera suxestión que se vos ocorra, así como mensaxes dedicando unha canción, unha mensaxe de amor, comentarios, críticas… en fin, o que queirades. Teremos a caixa de correos na mesmo caseta que os almorzos así que non vale a escusa de que non se viu.

Vamos que temos un martes cargadiño de novidades, ídesvolo a perder?

puertas abiertas